|
|
Ofrecemos solucións
sempre adaptadas a cada cliente, creando verdadeiro valor na súa organización.
O noso principal obxectivo é mellorar o funcionamento e os resultados dos
nosos clientes de xeito significativo a través dunha xestión máis eficaz
dos seus recursos, do incremento do valor nos seus procesos e da formación
e implicación do seu persoal.
A&MQUALITY adquiriu a consideración de entidade colaboradora da CONSELLERÍA DE
INDUSTRIA dentro dun marco de colaboración entre a devandita Consellería e
Consultoras Galegas para a xestión das axudas e posterior implantación e
certificación de modelos de xestión e a elaboración e verificación de
memorias de RSE en PEME Galegas.
|
|