|
|
A&MQUALITY
ofrece a estudantes, técnicos, profesionais e directivos que desexen especializarse e
adquirir coñecementos a través dunha ampla gama de accións formativas. Para facilitar a
formación de traballadores en activo, A&MQUALITY, está rexistrada como Entidade Organizadora
da FUNDACIÓN TRIPARTITA, co fin de xestionar as bonificacións a que teñen dereito todas as
empresas para a formación dos seus traballadores.
Na xestión global dos programas de formación distínguense diferentes modalidades de formación:
> PRESENCIAL: contamos cun equipo docente especializado que se
encarga da impartición destes cursos e, cunha ampla infraestrutura de aulas distribuídas
por todo o territorio.
> A DISTANCIA: o alumnado realiza a formación de forma autónoma,
guiado por materiais de estudo preparados polo profesorado e, coa oportunidade de comunicarse
mediante correspondencia, teléfono ou mesmo reunións cara a cara.
> MIXTA: combina a metodoloxía de formación a distancia e a metodoloxía presencial.
|
|
|